segunda-feira, 20 de maio de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO
                                                                                                     Por Adrián Gómez (4B)

A Real Academia Galega decidiu, no plenario celebrado o 22 de xuño, dedicarlle as Letras Galegas no ano 2013 ao autor, director e actor teatral Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002)
O dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño foi un dos artífices da profesionalización do teatro galego, coa creación da primeira compañía, o Grupo Antroido. Ademais de con Antroido, tamén traballou co Centro Dramático Galego (CDG) e coa súa compañía propia, Teatro do aquí. Vidal Bolaño foi actor, director e escritor de teatro, mais, en xeral, tamén un axitador cultural. Entre as súas obras teatrais escritas pódense sinalar, entre outras, Laudamuco, señor de Ningures (1976), Bailadela da morte ditosa (1980), Agasallo de sombras (1992), As actas escuras (1994), Doentes (1998), A ópera de a patacón (1998) ou Animaliños (2003), moitas delas, ademais de escritas, tamén dirixidas por el mesmo ou levadas aos escenarios por diversas compañías.

AULAS DE LINGUA E LITERATURA

ARREDOR DE BOLAÑO. COLLAGE

ARREDOR DE BOLAÑO. PRESENTACIÓN

ARREDOR DE BOLAÑO (Guía para a realización de tarefas)


ARREDOR DE BOLAÑO (Fontes de información)